O vindeiro domingo, 30 de xuño, os veciños e veciñas de Xove e da Mariña terán a oportunidade de asistir a un extraordinario concerto, un deses concertos que fan afición. As 19:00 horas, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, un amplísimo grupo de músicos das Escolas de Música de Xove, Burela e Mondoñedo, e tamén do Conservatorio de Fingoi, van interpretar o concerto MÚSICA DE CINE.
O Programa que van interpretar é espectacular:
Programa
1492. A conquista do paraíso Vangelis
The Gael (O gaélico) (O último mohicano) Dougie MacLean
A lista de Schindler John Williams
InNoctem (Harry Potter) Nicolas Hooper
Only Time (Suite Novembro) Enya / Nicky Ryan
For the Love of a Princess (Corazón Valente) James Horner
Some where over the rainbow(O mago de Oz) Harold Arlen
O óboe de Gabriel (A misión) Ennio Morricone
May it be (O señor dos aneis) Enya
Now We Are Free (Gladiador) Hans Zimmer
A vita é bela Nicola Piovani
Piratas do Caribe (Selección) Hans Zimmer
O Concerto está aberto a todo o público en xeral, de Xove ou da Mariña, con entrada de balde.