A asociación Prestoxove organiza, coa colaboración do Concello de Xove, a XXIX edición do Curso de Música Semana Santa 2019 que se desenvolverá os días 15, 16, 17, 18 e 19 de abril.
Dirixido por Xan Carballal, será impartido polas profesoras de violín Nazaret Canosa e Rebeca Maseda, o profesor de violonchello Iván Siso e o profesor de trompa Benxamín Iglesias. O programa desenvolverase en sesións de mañá e tarde, entre as 10:00 e as 18:00 horas.
Entre as actividades previstas, o xoves 18 de abril, haberá un concerto coa participación do Coro Mestre Pacheco de Mondoñedo. Terá lugar no salón de actos do Centro Cívico de Xove, a partires das 18:00 horas.
O concerto de clausura celebrarase o venres 19 de abril, ás 18:00 horas, no salón de actos do Centro Cívico de Xove.