Este mércores, 26 de decembro, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle a representación de Lila Teatro titulada "Duncan de palleiro". Será ás 18:00 horas e está dirixida ao público infantil de 3 a 12 anos.
Conta a vida dun can de palleiro moi especial chamado Duncan. Leva unha vida sinxela, á beira do seu amo Aurelio e dos seus amigos, veciñas e rébanos de sempre, nunha pequena aldea no medio das montañas. Duncan ama profundamente aos nenos e nenas e alí onde vai leva consigo unha gran sorpresa que non deixa indiferente a ninguén.
A obra é propia da compañía e baixo a dirección de Lila Teatro está protagonizada por Linés González e Lara Manzano. Está incluída no programa Proscenio da Deputación de Lugo.