O Concello de Cervo celebra o Samaín con múltiples actividades para os máis pequenos do 1 ao 4 de novembro. Haberá obradoiros, cine e moitas sorpresas.

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.
 
Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue desde o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos, ata o domingo 4.
 
O xoves 1, terá lugar un taller de cociña na Casa do Mar de San Ciprián, ás 11:00 horas dirixido aos nenos de infantil; e ás 12:00 horas aos de primaria. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, será a Gran Festa Infantil de Samaín, tamén na Casa do Mar.
 
O venres 2 de novembro, a Praza do Souto acollerá, a partir das 12:00 horas, un taller de manualidades para todas as idades.
 
O sábado 3 de novembro a Biblioteca de Cervo será o escenario no que se impartirá un taller de contos de medo. A cita será ás 11:00 horas, e está dirixido a nenos e nenas que curse 1º de primaria en diante. Ás 12:00 horas haberá nesta mesma ubicación un taller de debuxo de Samaín, para todas as idades.
 
O domingo 4, o auditorio da Casa da Cultura acollerá a proxección do filme Coco, ás 19:00 horas. Unha cinta animada estadounidense de 2017, dirixida por Lee Unkrich, inspirada na festividade do Día dos Mortos. Gañou o Óscar á Mellor Película Animada e á Mellor Canción Orixinal por “Remember Me”.
 
A edil de Cultura, anima a todos o nenos e nenas do Concello a que participen nas actividades que foron pensadas para reunir aos máis pequenos no seu tempo de ocio que toman contacto cunha celebración que pouco a pouco está sendo recuperada e gañando terreo sobre a Festa estadounidense,  “cada vez tomamos máis conciencia de que a efeméride, a celebración do Día de Defuntos, provén deste rito celta de ano novo que está presente na nosa Cultura dende vai séculos”.