As Rutas de Outono, que organiza o Concello de Alfoz, darán comezo o 21 de outubro. Colaboran na organización a Deputación e O Freixo dos Lobos.

O Concello de Alfoz organiza as Rutas de Outono  que se celebrarán nos meses de outubro, novembro e decembro.

Darán comezo o domingo, 21 de outubro, coa Ruta dos Castelos, que sairá ás 9:30 horas do Castelo do Castrodouro. A dificultade é alta (haberá servizo de bus), ten unha distancia de 8´9 quilómetros e a duración aproximada é de tres horas.

O 1 de novembro terá lugar a Ruta da Fervenza do Escouridal, que sairá ás 9:30 horas da Casa da Cultura de Alfoz. O nivel de dificultade é medio-baixo cunha distancia de 5´2 quilómetros e unha duración de dos horas e media.

No mes de novembro, o día 18 farase a Ruta do Río Ouro, que sairá ás 9:30 horas da área recreativa da Pontenova. A dificultade é baixa (ideal para nen@s), ten unha distancia de 3´6 quilómetros e unha duración aproximada dunha hora e media.

No mes de decembro haberá dúas rutas. O 2 será a Ruta da Pena Abaladoira, que sairá ás 9:00 horas da Casa da Cultura de Alfoz. O nivel de dificultade é medio-baixo, a distancia 7´2 quilómetros e a duración tres horas e media aproximadamente. A última ruta será o 16 de decembro, data na que volverá facerse a Ruta dos Castelos.

As persoas interesadas poden obter máis información e realizar as reservas no número de teléfono 657 849 200 e na dirección de correo electrónico ofreixodoslobos@gmail.com

Colaboran na organización destas rutas: Deputación de Lugo e O Freixo dos Lobos.