O grupo de teatro Ollomao representará a obra Enciclopedia Álvarez este sábado, 20 de outubro, ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A obra conta a historia dos nenos e nenas que durante o franquismo foron sometidos á absurda e ilóxica deseducación da escola do réxime, pero contada desde o prisma dos adultos que son agora. Esta é unha pequena mostra do que foron as escolas naquela época e do tratamento que se facía nelas de temas como o feminismo, a lingua, a autoridade ou a relixión. Unha historia contada con humor, pero que fai reflexionar, aínda que sexa “chorando de risa”.