O domingo, 2 de setembro, dará comezo a XXXIII edición da Semana do Teatro Concello de O Valadouro, coa representación da obra A Azoreira (República Independente), a cargo do grupo Os Pícaros de Lagoa, de Alfoz.
O luns, 3 de setembro, Bule-Bule (teatro-fusión), cun elenco formado por actores dos grupos teatrais Raiolas de Alfoz e Trangalleiros de Lourenzá, interpretarán a obra Xente con xente, comedia creada por Bule-Bule.
O martes, 4 de setembro, o grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, porá en escena Depende de Francisco Piñeiro.
O mércores, día 5, o colectivo cultural Ollomao de Barreiros representará Enciclopedia Álvarez, obra do propio grupo.
O xoves 6 o grupo de teatro A Adala, de Fazouro, presentará Elixir de xuventude.
As representacións terán lugar no salón de actos do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade Manuel Lourenzo ás 22:00 horas.
Organizan esta Semana de Teatro o Concello de O Valadouro e a Deputación Provincial.