Do 20 ao 24 de agosto celebrarase o VI Torneo de Pádel San Bartolo, de Xove. A inscrición está aberta.

Nas últimas presentouse o VI  TORNEO DE PADEL SAN BARTOLO, de Xove. No acto estivo presente o alcalde , Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, xunto con Ibán Gonzalez, da empresa IG10, que gestiona o torneo e Álvaro Juárez coordenador do mesmo.

O torneo será dende o 20 ao 24 de agosto e terá as seguintes categorías: Open masculina, Open feminina e Open mixta. Repartiranse 1500€ de material deportivo en premios.

A inscrición pódese facer na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela.

O sorteo será o día 17 ás 20:00 na pista de padel.

Para máis información sobre o torneo: 982581381