O 23 de xuño terá lugar en Mondoñedo unha homenaxe a Luís Trigo Chao, O Gardarríos.
Os actos darán comezo ás 12:00 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, coa celebración dunha mesa redonda baixo o título Luís Trigo Chao: a loita dun rebelde. Nela intervirán: Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo; os historiadores Carlos Nuevo Cal e Bernardo Maíz; os investigadores Xosé Ramón Ermida e Odette Martínez; e o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico.
Ás 17:30 horas no cemiterio de Vilanova de Lourenzá terá lugar a inauguración dun monolito en lembranza de Luís Trigo e Antonia Díaz, a súa compañeira que eran natural de Ribadeo, en Vilela-Cubelas, coas intervencións da neta do Gardarríos Fernanda Cedrón Trigo, o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico, e Xosé Luís Fernández Rivera da comisión organizadora. Despois haberá un recital poético con Xosé Abella, Iolanda Aldrei, Lois Diéguez, María Xosé Fernández, Baldomero Iglesias, María Xosé Lamas, Luciano de Monfadal, Toño Núñez, Xaime Oroza, David Otero e Esperanza Pérez. Tamén haberá as actuacións musicais de Lino Rico, Miguel Lourenzá e Miro Casabella.