O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o editor Manuel López Martínez de Gráficas Lar, e o autor Paco R.Salgueiro, presentaron na Casa Escola desta parroquia “Galdo, o que queda na memoria”, unha publicacióncoa que colabora o Goberno da Deputación.
No acto tamén estiveron presentes o Alcalde de Burela e Presidente da Mancomunidade da Mariña Lucense, Alfredo Llano García, así como membros da corporación municipal, ademais do Presidente da Asociación de Veciños do Camiño de Galdo, Francisco Rivera. O Presidente dixo que “a parroquia de Galdo vive un momento histórico. Hoxe preséntase unha edición coa recompilación de gran parte da súa historia. Pero o que é mais importante, un libro que pon cara, cor e calor con nomes, apelidos e alcumes dos seus protagonistas”.
Campos Conde avanzou que “esta edición é un exercizo exemplar de mantemento do sentir colectivo, que é o xustamente o que nos fai falta a todos nestes momentos difíciles, unirnos para poder saír adiante”.
“Quero felicitar ao autor Paco Salgueiro, a gráficas LAR, que fixo un traballo precioso coa publicación deste edición, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro,por apoiar iniciativas destas características, e a todos e cada un dos veciños de Galdo que son os verdadeiros protagonistas desta historia, ou mellor dito da súa historia”, sinalou.
Pola súa banda, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, explicou “para min como Alcaldesa é un orgullo presentar esta obra de Paco Salgueiro, que é un testemuño documental imprescindible de como manter a memoria, e de como coñecer a identidade dos nosos lugares e as parroquias. Non se trata só relatar cantas tabernas existían en Galdo, senón de narrar e explicar como se vivía naqueles tempos, e quenes eran os protagonistas da nosa historia”, resumiu.
Debate
Trala presentación da obra, a Casa Escola de Galgo, acolleu unha mesa de debate na que intervirona Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, o autor, Francisco R. Salgueiro, e o Fundador de Gráficas Lar, Manuel López Martínez. Ao remate do acto entregáronse a todos os asistentesun exemplar da obra de xeito gratuíto.
O autor e a obra
Paco Rodríguez Salgueiro, xubilado de Alcoa, naceu na parroquia Galdo, mediante esta publicación quixo homenaxear a terra e aos veciños que viron nacer e crecer. Salgueiro taballou durante un ano de investigación, a través de “moitas conversas” por toda a parroquia, paraacadar este libro, editado por Gráficas Lar. A obra centrase ata 36 profesións que se puideron contabilizar en Galdo, todas personalizadas con nomes e fotografías que gardan a historia de cada familia, e ao mesmo tempo a historia viva do lugar.
“Galdo, o que queda na memoria”, tamén recolle nomes de persoeiros relevantes de Galdo, como os irmáns Cal Pardo, a palista Teresa Albo, Josesierra, fundador de Urovesa, ou incluso outro nomes históricos como Pardo de Cela, que tivo fixada a súa residencia na Casa do Carballo, cando foi Alcalde de Viveiro, ou os maquis como Francisco Insua e José Balea.