O grupo de teatro A Adala Infantil presenta a obra Mamasiña qué medo!, este sábado, 28 de abril, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián.
Conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro moi particulares. Na aldea había un ogro grande e temido pero un día, non se sabe moi ben como, volveuse pequeniño. O morcego que vivía con el saíu a buscar axuda e atopou a unhas bruxiñas ás que lles pediu que fixesen ao ogro outra vez grande. Pero cando intentaron axudar ao ogro non saíu todo como esperaban e volveuse grande de corazón aínda que o seu tamaño seguía a ser pequeniño. Nestas aparece en escena un aposto vampiro do que se namora a bruxiña máis vella, o que fixo que todo o pobo apoiara ao ogro que deixou de ser temido e fíxose amigo das xentes do lugar.