A comisión de festas de Monte, formada por membros da asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as festas patronais da parroquia en honra a San Isidoro os días 28 e 29 de abril.
O sábado, día 28, ás 13:00 horas, celebrarase a misa na igrexa parroquial e procesión na honra a San Isidoro. Ás 14:00 horas, haberá sesión vermú con Pecados. Ás 15:00 horas, terá lugar un xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 646 647 619. Ás 17:00 horas, comezará a verbena con Pecados e Fénix na que haberá trofeos para as tres mellores parellas de baile, para a máis vella e a máis nova.
O domingo, día 29, ás 10:00 horas dará comezo unha xuntanza cabalar e ruta de sendeirismo Penasagudas á Cruz do Pau da vella (a pé ou a cabalo), organizada pola asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse na ruta e no xantar posterior hai que chamar ao teléfono 982 16 93 49. Cada xinete ou participante na xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos causados que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a si mesmo e ao seu cabalo.
O programa do domingo completarase cunha sesión vermú a cargo de José Anido ás 14:00 horas, e despois do xantar un baile, tamén con José Anido, a partires das 17:00 horas.
A comisión de festas dispón dunha carpa na que se celebrarán os bailes dos dous días de festa.