Píscore presenta "Concerto singular" o 14 de abril na Casa da Cultura de San Ciprián. Trátase dunha comedia musical e xestual.

O Concello de Cervo organiza un espectáculo musical que correrá a cargo do grupo Píscore este sábado, 14 de abril.

A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. A entrada é libre.

Píscore está formado por catro virtuosos percusionistas e presentan esta montaxe titulada, Concerto singular, que é unha comedia musical e xestual.