O mércores, 28 de marzo, inaugurase en Foz a quinta edición da Semana das Artes Plásticas da Mariña.
O Cenima de Foz acollerá no seu escaparate 33 obras que son as últimas creacións de 23 artistas mariñáns. Esta mostra é un acto máis encadrado na homenaxe ao escultor Juan Puchades Quilis ao que a asociación cultural Tá en Artes dedica este ano 2018. Máis de 1600 alumnos/as e 80 profesores visitarán a exposición que contará con dúas profesionais da arte para facer as visitas guiadas.
A mostra permanecerá aberta ata o 10 de maio en horario laborable de 10:00 a 13:00 horas, e de 18:00 a 20:00 sábados e festivos.
Colaboran coa celebración deste encontro cultural a Mancomunidade de Municipios da Mariña, a Deputación Provincial que subvenciona os 500 catálogos que recollen a mostra, e o Concello de Foz que aporta a infraestrutura necesaria para o seu desenvolvemento.