
A asociación cultural O Picato de Trabada organiza este sábado, 24 de febreiro, diferentes actos do Entroido.
Ás 16:00 horas haberá pintacaras, e a partir das 19:00 horas un desfile no que se repartirán 3.000 euros en premios. Posteriormente terá lugar un cátering servido por Castro y Castro para o que é preciso facer as reservas no número de teléfono 679 42 83 44. Pola noite celebrarase unha verbena amenizada polo Grupo Fénix e Discomóvil Mourelle. Todas estas actividades desenvolveranse nun recinto con carpa.
Colaboran o Concello de Trabada e a Deputación de Lugo.