O Complexo Cultural Regal Xunqueira en Viveiro acolle este xoves, 15 de febreiro, ás 20:30 horas, a presentación do poemario Las páginas del agua do que é autor o profesor do IES Vilar Ponte José Juan Martínez Ferreiro.
Neste acto lerán poemas do libro que se presenta, o poeta viveirense e autor do prólogo Xaime Oroza, e o propio autor J.J. Martínez Ferreiro. As lecturas estarán acompañadas da música de acordeón interpretada por Narciso Simón Rúa, e á percusión por Irene Rivas.
Ao final da lectura terá lugar unha charla coloquio sobre a poesía en particular e a literatura en xeral.