A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 25 de febreiro unha ruta pola ribeira do río Sor dende Ponte do Porto ata Monte da Insua.
A saída será ás 8:30 horas do Concello, a comida será en Loiba e despois farase unha visita a Estaca de Bares.
O derradeiro día para anotarse é o mércores 21 de febreiro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es
O prezo para os socios federados é de 20 euros, para os socios non federados 25€ e para os non socios 30 euros. O ingreso debe facerse en conta bancaria.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un grado de dificultade media.