Ata o 16 de febreiro estará aberta ao público na Casa da Cultura de Burela a exposición cos traballos realizados nos cursos de tempo libre do Centro de Información ás Mulleres. O horario de visita de luns a venres será de 11 a 13 horas e de 17:30 a 19:30 horas.
Á inaguración da mostra, que tivo lugar na xornada de onte, asistiron a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, e o alcalde, Alfredo Llano, que subliñou que "se trata de traballos de moita calidade. Merece moito a pena velos. Animo a todo o mundo a que se achegue pola Casa da Cultura ao longo dos vindeiros días para ver o resultado dos cursos de tempo de libre do CIM".