O Deputada de Cultura, Pilar García Porto,recibiu este luns no Museo Provincial de Lugo de mans do artista David Catá, unha doazón dunha das súas obras. Trátase dunha fotografía que leva por título “Segunda pel 02”, realizada no ano 2011, que pertence á colección Ephmera, que esta exposta mesma sala.Ademais durante este actoCatá avanzou un novo traballo de videoarte baixo o título “Sete petalos”, que pertence ao seu novo proxecto fotográfico “Horizontes”.
A Deputada de Cultura aproveitou este acto para presentar o catalogo da exposiciónEphemera, a última obradeCatá (Viveiro, 1988), que pode verse nestas instalacións ata este domingo. “O catálogo recolle a colecciónde máis de 80 pezasprincipalmente fotográficas que amosan a particular visión artística de Catá, no que ensina como a vida seconstrúe a partir de momentos fugaces”.
“O proxecto de Catá abarca a pintura, a escultura, a fotografía e a videoperformance. Un traballo, ademais, internacional, pois a súa, xa percorreu os países de México, Nova York, Perú, Cuba, Portugal, Camboya e España”. Ademais lembrou “que a súa traxectoria conta cunha importante cantidade de premios a todos os niveis, rexionais e nacionais; incluso sendo seleccionado en festivais internacionais como o de Berlín ou Nova York”.
García Porto explicou que con esta proposta“o Goberno da Deputación aposta pola promoción dos artistas novos e lucenses que están destacando no panorama creativo, mesmo a nivel internacional”.
Catálogo
O catálogo deste exposiciónrecolle a exposición que acolle desde principios do mes de novembro, e que estará aberta ata este domingo, a colección “Ephemera”. Nesta publicación, coordinada por AureliaBalseiro, recolle o máis significativo das 80 pezas expostas no Museo Provincial, coas que o autor presenta a fugacidade da vida a través de fotografías persoais que recuperan instantes perdidos da súa memoria persoal. Este libro, que foi deseñado e maquetado polo propio autor, conta cunha tirada de 100 exemplares firmada e numerada polo propio artista.
Artista multidisciplinar
David Catá (Viveiro, 1988)artista multidisciplinar, xa que traballa con técnicas artísticascomo afotografía, escultura, a aoscon oito anos comezouno Conservatorio de Música de Viveiro. Tras graduarse en 2010 na escola de Bellas Artes de Vigo,gañou o certame fotográfico da Deputación de Ourense. Con este premio comezouoMásteren fotografía de concepto e creación, na EFTI de Madrid.Dende entón, o artistareside en Viveiro, onde traballa na súa obra, a cal conta con multitude de galardóns e prestixio internacional.