O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco presentou no Concello de Muraso I Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 5 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.
Rivera Capón remarcou que “a 1º Edición desta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 100 participantes inscritos de toda Galicia”.
O Deputado sinalou que “a saída será ás 9:30 horas, e os participantes deberán escoller entre dous percorridos de 16 ou 23 quilómetros, o que supón todo un reto, e que discorrerá en medio dunha paraxe de incalculable valor natural e paisaxística de Muras”.
Percorrido e inscricións
O I Trail das Bestas de Muras arranca o vindeiro 5 de novembro ás 09:30 horas dende a Área Recreativa da Veiga, o percorrido será circular con saída e meta nesta mesma Área. O circuíto estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces. As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras; senior masculino ou feminino dende os 18 ata os 45 anos, e veterán ou veterana a partir dos 46 anos. A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano.As inscriciónsrealízanse na páxina https://tracktherace.com/. Os prezos serán os seguintes: para o percorrido 25 km:((18€ ata o día 30 de Outubro de 2017, ou 22€ dende o día 31 de Outubro de 2017 ata o 2 de Novembro as 22:00). E para o percorrido 15 km (15€ ata o día 30 de Outubro de 2017, e 18€ dende o día 31 de Outubro de 2017 ata o 2 de Novembro as 22:00).A inscrición inclúe; seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos, (sólidos e líquidos), camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, seguementogps Track The Race e duchas.