A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa da Castaña de Seoane do Courel, que se celebrará o día 4 de novembro, sábado. Este evento, que chega á súa trixésima edición, está declarado de interese turístico galego.
O prezo para participar na excursión é de 35 euros por persoa e inclúe almorzo, comida de cocido en Pedrafita do Cebreiro, o desprazamento en autocar e o seguro de viaxe obrigatorio.
Para a reserva de prazas na excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.