Este sábado, día 21, terá lugar en O Vicedo o cuarto sorteo da campaña de A Mariña Federación, que daba comezo o pasado mes de setembro. Será ás 20:30 horas nas inmediacións da Casa da Cultura. En xogo estarán outros 1.500 euros en vales de compra.
Aquelas persoas que realicen as súas compras entre o 15 e o 21 de outubro nos establecementos asociados poderán canxear os seus tíckets de importes superiores a 10 euros por papeletas para participar no sorteo presencial que se celebrará este sábado en O Vicedo. Ese día entre as 11 e as 14 horas pola mañá e entre as 17 e as 20:30 horas pola tarde será cando se poidan obter as papeletas na carpa que a FCAM instalará nas inmediacións da Casa da Cultura.
En O Vicedo, ao igual que xa aconteceu en Ribadeo, en Foz e en Xove, sortearanse 1.500 euros en vales de compra, divididos nos seguintes premios: un de 500 euros, un de 300 euros, un de 200 euros e 5 de 100 euros cada un. Os afortunados e afortunadas deberán consumilos durante a seguinte semana á da celebración do sorteo nos establecementos asociados á Acia de O Vicedo.
Os seguintes sorteos, ata un total de sete, serán o 28 de outubro en Covas, o 4 de novembro en Viveiro e o 11 en Burela.
A Mariña Federación destinou máis de 10.000 euros aos premios desta campaña, que chegou á súa terceira edición.