O edil de deportes, Jose Ramón Soto, xunto con Marcos Villares, mestre de TaiJitsu e Manuel García, tesoureiro da escola, presentaron a creación da nova ‘Escuela de Artes Maciales de Cervo’ co obxectivo de diversificar un pouco máis a actividade deportiva no Concello de Cervo e así cubrir a demanda de diferentes artes marciais.
Amantes das Artes Marciais afincados en Cervo, coma Miguel A. Rojo, Inma Balseiro e Marcos González xunto con compañeiros de práctica, deciden crear esta nova escola para cubrir a demanda de practicantes nas distintas artes que se ofertarán, tales coma serán o TaiJitsu, TaiChi, Defensa Persoal, Iaido, AikiJuJutsu, etc…
Recordar que o Concello de Cervo acolle tódos os anos o campionato de Nadal de TaiJitsu, que conta xa con nove edicións, e o campionato autonómico galego, ademais de colaborar en todo o momento cas actividades que se propoñen dende a Asociación de Artes Marciales Orientales da Mariña.
Polo pronto a escola comezará a impartir clases de iniciación ao TaiJitsu nos colexios do municipio, tanto en Cervo coma en San Ciprián. Así mesmo, a escola afianzará Cervo coma un punto de encontro das distintas disciplinas orientais e porá ao municipio cervense no punto de mira de practicantes de todo o mundo, xa que no vindeiro ano traerá durante o mes de Febreiro o mestre Chen Long da dinastía dos Chen, expoñente de renome mundial vido directamente de China para amosar os seus coñecementos de TaiChi.