O X Macguiver Surf terá lugar nesta ocasión o vindeiro sábado 30 de setembro, na praia da Limosa.
A cita deportiva foi presentada no propio escenario da competición, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Xuventude, Dolores García Caramés, e varios membros do Club Limosa Surf, que se encarga da organización do evento, coa colaboración do Concello.
Os interesados en participar na proba deberán achegarse a primeira hora, a partir das 9 da mañá, á Praia da Limosa, para formalizar a inscrición.
Poderán competir nas modalidades de Surf masculino e feminino, BodyBoard e LongBoard, e haberá trofeos e premios (relacionados co surf e o Skate), para os catro primeiros clasificados de cada categoría.
A inscrición suporá un custe de 5 euros, xa que os participantes poderán gozar dunha comida a base de churrasco asado alí mesmo polos propios membros do Club; e tamén haberá zona de bar para o público asistente.
Ao remate da proba está programado o concerto do australiano Chris Masuak.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes, amantes e afeccionados do surf, a que se acheguen nesa xornada á Praia da Limosa, nunha xornada adicada a este deporte que día tras día gaña adeptos, para poder gozar da nosa privilexiada costa e tamén das habilidades sobre a táboa de grandes profesionais deste deporte que se desprazarán ata o noso Concello dende diferentes puntos da xeografía española.