A parroquia de Rúa celebra este sábado, 2 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez e varios membros da Asociación de Veciños.
A malla comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a II ruta de sendeirismo Subida ao Cabaleiro, e xa ao mediodía o Dúo EPO-K será o encargado da sesión vermú.
Pola tarde, dende as 16:00 horas, están programados todo tipo de xogos tradicionais para nenos e maiores; e ás 17:00 horas dará comezo a actividade principal, a malla..
A xornada completarase con exhibición de cetrería ao longo de todo o día, un obradoiro de cestería para os nenos ou unha exposición de bordado.
Ás 22:00 horas comezará a verbena da man do Dúo EPO-K.
Haberá unha carpa instalada para a ocasión e serviranse comidas no propio campo da festa.