O pasado sábado, 12 de agosto, na Sala de Exposicións Centro Cívico, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín, acompañados polos fotógrafos presentes na mostra e por un grupo de nenos/as do Programa Xove Concilia, inauguraron unha nova edición de XOVE 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola décima edición. O título escollido para edición deste ano foi “Cores”, sección na cal se presentan 8 fotografías.
O resto da exposición, 40 das 48 fotografías que a conforman, foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, composicións, etc. En total a exposición está conformada por 48 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40.
Os participantes na edición deste ano, son: María del Mar Angulo, Javier Arca, Mateo Guerreiro, Andrés García, Pedro García, Rubén Pico, Pedro Vicente, Javier Villares, José Emilio Gómez, Luis Miguel Vivas, Santos Cordovilla, Diego Fanego e Javier Sánchez.
A exposición estará aberta ao público ata o vindeiro 3 de setembro en horario de 18:00 a 22:00 horas.
A exposición, como ven sendo habitual nos últimos anos, está dentro do amplo Programa Festivo que o Concello preparou para o San Bartolo 2017.