A asociación cultural A Pomba do Arco organiza as XXII Xornadas de Historia Local de Foz, que terán lugar do 31 de xullo ao 3 de agosto, na Casa da Cultura Poeta Manuel María ás 20:30 horas.
O programa comezará o luns, 31 de xullo, coa proxección do documental Riquezas lucenses e a conferencia titulada A salgazón e a conserva no Cantábrico galego, que ofrecerá Xosé María Leal Bóveda.
O martes, día 1 de agosto, intervirá Ramón Eiras Fernández con Así falan os focegos. O mércores 2, Xosé Ramón Veiga Alonso abordará o tema Mariñáns nas Cortes do século XIX.
As xornadas rematarán o xoves, día 3 de agosto, coa conferencia que ofrecerá André Pena Graña sobre Os bretóns no norte galego.