O 15 de xullo terá lugar en Celeiro a XX edición da Festa da Merluza. Esta festa de exaltación da merluza do pincho fresca, a alta gama dese pescado branco, é declarada de Interese Turístico Galego. Precisamente este ano coincidindo co seu décimo aniversario a Lotería Nacional dedicou un décimo a promoción desta festa.
A XX Festa da Merluza desenvolverase na lonxa vella de Celeiro e a degustación dará comezo ás 21:00 horas. Como en anteriores edicións serviranse arredor de 1.500 racións entre os asistentes.
Organizada pola asociación Penalba Chilindrín conta co patrocinio da Confraría de Pescadores e Porto de Celeiro, e a colaboración do Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo.
Este martes, 13 de xuño, ás 20:00 horas tivo lugar no local da ACD Penalba de Celeiro a reunión do Xurado que decidiu o premio do Concurso infantil de debuxo da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
Actuaron como xurado os seguintes:
• Presidente da ACD Penalba de Celeiro: Bernardo Fraga Galdo.
• Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro: Lara Fernández Fernández-Noriega.
• Representante da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro: Domingo Rey Seijas.
• Representante de Puerto de Celeiro SA: Eduardo Míguez López.
• Representante do CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro: Vicente Míguez Salgueiro.
• Actúa como Secretario, con voz e sen voto, o Directivo da ACD Penalba de Celeiro que levantará acta do acordado: José Manuel Prieto Sierra.
Os gañadores foron:
PRIMEIRO PREMIO: 6ºEI DO COLEXIO CEIP A. PEDROSA LATAS DE CELEIRO
SEGUNDO PREMIO: GARDERÍA MUNICIPAL DE VIVIERO (AURORA, PILAR Y ANA SL)
TERCEIRO PREMIO: INÉS CACHON OULEGO (Sendo a terceira vez que gaña un dos premios do concurso)