O colectivo Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola costa naviega o 18 de xuño. A saída está prevista para ás 8:15 horas do Concello.
O prezo para os socios federados é 15 euros, para os socios non federados 20€ e para os non socios 25 euros, incluído o xantar. O ingreso debe facerse en conta bancaria e o prazo para anotarse remata o mércores 14 de xuño.
As persoas interesadas poden inscribirse nos números de teléfono 676 561 594 ou 670 369 017, e no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan de que o tramo ten unha dificultade de tipo medio.