Pasada das Cabras organiza a 6ª etapa do Camiño do Cantábrico entre Burela e a praia de Lago. Será o 10 de xuño.

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 10 de xuño, a 6ª etapa do Camiño do Cantábrico dende Burela á praia de Lago de 17 quilómetros de percorrido.

A saída está prevista para ás 10:00 horas da mañá da praza da Mariña de Burela.

O prezo é 20 euros para os socios e 25€ para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse e os interesad@s poden facelo en Gráficas Arfe ou ben chamar ao teléfono 982 580 504. O prazo para inscribirse remata o xoves 8 de xuño.