A Delegación de Cultura do Concello de Burela organiza un concerto de arpa celta con motivo do Día das Letras Galegas. A actuación correrá a cargo do grupo Lulavai e terá lugar no auditorio, o venres 19 de maio ás 21:00 horas.
As entradas para acudir a este concerto están á venta na Biblioteca Municipal ao prezo de 3 euros en anticipada e 5 euros en taquilla o mesmo día da actuación.
Lulavai é un grupo composto por catro mulleres, Lorena, Paula, Josefa e Elena, quen coas súas arpas e as súas voces teñen un estilo propio. Neste concerto presentan o seu segundo traballo discográfico titulado Lémbrame un soño composto por temas orixinais sen perder o referente da música tradicional e incluso clásica e jazz.
Estas intérpretes coñécense no ano 2005 cando formaban parte do grupo Sondeseu, baixo a dirección do arpista e ex compoñente de Milladoiro Rodrigo Romaní. No 2008 deciden emprender este novo proxecto musical co que levan percorrido os escenarios de Galicia, e tamén de Portugal e Francia.