Do 25 ao 27 de agosto terán lugar en O Barqueiro (Mañón) as VI Xornadas Memoria dun tempo, que organiza Nordés Faladora.

Do 25 ao 27 de agosto terán lugar en O Barqueiro (Mañón) as VI Xornadas Memoria dun tempo, que organiza Nordés Faladora.
Como cada verán dende o ano 2012 chegan as xornadas "Memoria dun tempo" que organiza Nordés, e que teñen como temática xeral a divulgación de feitos históricos e sociais do século XX, e particularmente os da época da II República, a Guerra Civil, e o Franquismo.
 
Este ano celebraránse os días 25, 26 e 27 do presente mes de agosto, e tódolos actos terán lugar no Barqueiro (Mañón), ainda que en distintos lugares como ven poderán ver no cartel que vai adxunto a este texto, e que agora pasamos a comentar.
  
Contamos para abrir as xornadas nesta VI edición con Julio Prada, profesor de Histórica Contemporánea na Universidade de Vigo, quen nos presentará a que é a súa derradeira publicación: "Marcharon con todo. A represión económica en Galicia durante o primeiro franquismo". Será o xoves 25 ás 20:30 no salón de actos da Casa do Concello de Mañón ( Praza do Mesón. O Barqueiro)
 
O venres 26 temos un acto estructurado en dúas partes. A primeira consistirá nunha charla de Carme Blanco, escritora, poeta e profesora na Universidade de Santiago: "Vivas en nós. Memoria de mulleres libres e vida liberada fronte a ditadura" . A segunda parte concretarase nun recital poético de Carme Blanco xunto co tamén poeta Claudio Rodríguez Fer. Será ás 20:30 no mesmo sitio que o acto do xoves.
 
Para o sábado 27 Nordés programa actos diversos que escomenzarán ás 13:00 coa IV Homenaxe aos republicanos e libertarios que terá lugar na Ponte Vella do Barqueiro. Acto no que se chama á participación de tódalas persoas que queiran aportar cos seus textos, lembranzas, etc.
 
Posteriormente haberá un xantar de amizade ó prezo de 20 € no Restaurante "A Goleta", pero dado que as prazas son limitadas (25), convén anotarse canto antes chamando ó 653756454 (Ricardo)
 
Xa ás 20:30, e outra vez no salón de actos da Casa do Concello de Mañón (O Barqueiro) proxectarase o documental de Xosé Abad "A pegada dos avós", que fala de cómo un grupo de rapaces e rapazas de Bacharelato intentan comprender o drama da guerra civil, da represión e a ditadura facendo unha laboura de investigación "coñecendo de primeira mán o que non ven nos libros".
 
E como peche destas VI Xornadas, qué millor que forma de rematar que cun recital de Miro Casabella, cantautor que fora parte do colectivo Voces Ceibes que tanta importancia tivo para a música galega, e que nos deleitará coas súas cancións de antes e máis de hoxe. Tamén no escenario contaremos con Andrés Rodríguez, quen xa ven sendo un clásico nestas xornadas, e que fará un percorrido musical pola historia das produccións de distintos cantautores. O recital será no novo local do "Bar Queiro", na Estrada a Bares (Rúa Manuel Cora) nº 7, a partires das 23:00 horas.