Preto dunha vintena de postos haberá no IV Rastro de Segunda Man, que organiza o Concello burelés. Desenvolverase de 10 a 15 horas o vindeiro domingo, 21 de agosto, na praza da Mariña. O edil José Díaz subliña que “a cita se vai consolidando coma un referente único na Mariña”.
Neste cuarto Rastro de Segunda Man poderemos atopar artigos como libros, discos, roupa, accesorios, decoración e artesanía a prezos populares. O concelleiro de Cultura anima “a achegarse este domingo a Burela a pasar a mañá do domingo dando unha volta por este rastro”.