A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de verán este martes, 19 de xullo, na igrexa parroquial. Será a beneficio da Asociación de Loita contra o Cancro.

A Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerá o seu concerto de verán este martes, 19 de xullo, na igrexa parroquial. Será a beneficio da Asociación de Loita contra o Cancro.
 
Despois do éxito no  pasado Festival de Habaneras, a Coral Polifónica ofrecerá o seu concerto de verán, o martes 19 de xullo, ás 20:45, na Igrexa Parroquial. 61 anos xa de música coral, dende aquel concerto inaugural  do 20 de xullo de 1955.
 
Nesta ocasión, o concerto será benéfico e a recadación será doada á Asociación Local de Loita contra o Cancro. É esta unha maneira sinxela e sentida de homenaxear á nosa compañeira Gracia Martín que nos deixou tristemente o mes pasado.
 
Para este fin, haberá 2 mesas á entrada da Igrexa para que as persoas que así o desexen poidan deixar o seu donativo e contribuir á investigación para vencer esta enfermidade que a tantas persoas e familias afecta.
  
Neste concerto estrearanse 4 obras: “Gaudeamus hodie", un canon anónimo; “Pange Lingua” de Eli García–Bouso; “Memorias de una vieja canción” do compositor argentino  Horacio Guaraní, e “Amor de hombre” da zarzuela “La leyenda del beso”. Xunto a estas pezas, a Coral ofrecerá outras habituais no seu repertorio como “Yo te diré”, “Unha noite na eira do trigo” e  “A concert celebration”, unha selección de pezas de musicais de A. Ll. Webber.
 
Desde a Coral Polifónica de Ribadeo engaden: "esperamos, unha vez máis, a súa presenza neste concerto que será especialmente emotivo para nós e no que a música, a través da voz, contará e cantará historias".