O colectivo VAG Galicia, en colaboración co Concello de Cervo, organizan unha quedada de vehículos en San Ciprián, que será este sábado, 2 de xullo, na Praza dos Campos entre as 11:00 e as 20:00 horas. Este evento foi presentada polo alcalde cervense, Alfonso Villares, o concelleiro José Ramón Soto e tres representantes de VAG Lugo: Juan Carlos López, Luis Rivas y Antonio Rego.
José Ramón Soto explicou que “é unha concentración na que se dan cita vehículos das marcas Volkswagen, Seat, Audi e Skoda. Son coches tanto novos coma antigos, aínda que tamén se sumarán vehículos clásicos e algunha que outra moto. Este e o terceiro ano que se ven realizando por varios puntos da xeografía galega e o segundo consecutivo no noso pobo, no que contamos cunha participación de cerca de 100 coches”.
Soto engadiu que “o acto e totalmente gratuíto para o público que queira acercarse á nosa vila e consideramos desde o Concello que é moi atractivo para os amantes do motor e que redunda moi positivamente tanto no noso comercio coma na hostalería, xa que durante o fin de semana ademais teremos un campionato galego de natación na nosa piscina, así como as fabulosas festas de Lieiro para completar un programa cheo de actividades, polo que aproveitamos para invitar a todos aqueles visitantes que queiran acercarse ao noso pobo e gozar de tan diversas actividades durante o fin de semana. O prazo para anotarse na concentración de vehículos VAG finaliza o 1 de xullo e os participantes poderán participar nunha comida polo prezo de 15 euros, ademais doutros actos como son música, sorteo de regalos, pinchos e trofeos”.