A comisión das festas de Carme presenta un programa para todos os públicos en San Ciprián. Haberá actividades do 7 ao 17 de xullo.

A comisión das festas de Carme presenta un programa para todos os públicos en San Ciprián. Haberá actividades do 7 ao 17 de xullo.
 
O programa de 2016 inclúe actividades como teatro, concerto de corais, unha carreira solidaria e concertos de música entre outras actividades.
 
A comisión das Festas do Carme de San Ciprián deu a coñecer o programa completo dos festexos patronais, que inclúe actos dende o día 7 ao 17 de xullo e pensados para todos os públicos. Deste xeito, hai actividades para público infantil, para a mocidade e para os adultos. O día 7 comeza coa actuación do Grupo de Teatro “O BORDELO”  de Cervo e o día seguinte segue coa actuación do Grupo de Teatro “ARDORA” de San Ciprián, as dúas actuacións terán lugar no auditorio da casa da cultura ás 21:00 horas. O sábado 9 de xullo a Asociación de animais Coletiñas organiza unha carreira solidaria que comezará ás 11:30 da mañá na Praza dos Campos. O programa segue o día 9 coa actuación de corais na Igrexa Parroquial de Lieiro ás 19:30 horas,  serán as corais polifónicas de Chantada e o CIT de San Ciprián, e a Coral da encina de Mata de Santander. Tamén haberá o día da bicicleta o xoves 14, organizada polo Club Medela MTB ás 22:00 horas na praza dos Campos. Os días principais das festas 15 e 16 contan cunha novidade, ademáis das orquestas os dous días contarán cun concerto de música. O día 15 compartirán cartel a orquesta Breixa Band e Ses e o día 16 serán a orquesta Montreal e Mercedes Peón as quen amenicen a noite. As festas rematarán o día 17 de xullo cunha festa infantil con kayaks e inchables na praia do torno, na zona do porto,  todo o día.
 
Da mesma maneira a comisión quere agradecer de antemán “a todos os veciños a súa implicación coas festas, xa que todos os anos colaboran activamente e aportan o seu gran de area para facelas posibles”, asegura Soto, que tamén dá as grazas en nome da comisión a todos os comercios, empresas e hostaleiros que fixeron as súas contribucións, así como ao Concello de Cervo, que tamén colabora.