O 25 de xuño celébrase no Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, o V Festival Histórico Augas Santas. Haberá ruta ecuestre, escenificación da entrega do documento do Rei Silo aos monxes, música e xantares.

O 25 de xuño celébrase no Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, o V Festival Histórico Augas Santas. Haberá ruta ecuestre, escenificación da entrega do documento do Rei Silo aos monxes, música e xantares.
 
A asociación cultural Irmandade Augas Santas organiza para o 25 de xuño o V Festival Histórico Augas Santas, que terá lugar en Santo Estevo do Ermo en Barreiros. 
 
A xornada festiva comezará ás 10:00 horas cunha ruta a pé desde a Casa do Concello e ás 10:30 horas terá lugar a saída da ruta ecuestre dende Santo Estevo. Ás 12:00 celebrarase a escenificación da entrega da documentación do Rei Silo aos monxes e ás 13:00 horas a misa na honra de Santo Estevo.
 
O programa continuará ás 13:30 horas coa actuación do grupo O Arco da Vella e ás 14:30 horas haberá un xantar campestre con porquiño e año asados ao espeto. A tarde estará amenizada por Sons do Ermo, ás 18:30 horas celebraranse casamentos polo rito celta e ás 21:30 horas cea campestre con empanada e lacón asado. 
 
As actuacións musicais continuarán ás 23:00 horas co grupo Tumba e Dalle e ás 00:00 horas con Festicultores. Tamén ás 00:00 horas celebrarase unha queimada con conxuro a cargo do Gran Druida.