Do 22 ao 24 de abril celébrase a 2ª Ruta das Tapas de Alfoz, que organiza o Concello. Haberá tres premios de 200 euros en vales de compra para gastar no comercio da vila.

Do 22 ao 24 de abril celébrase a 2ª Ruta das Tapas de Alfoz, que organiza o Concello. Haberá tres premios de 200 euros en vales de compra para gastar no comercio da vila.
 
Desde este venres, día 22, ao domingo, día 24, celébrase en Alfoz a 2ª Ruta de Tapas.
 
Esta cita gastronómica coincide coas probas das Olimpiadas Interparroquias que teñen lugar as fins de semana deste mes de abril.O Concello sorteará entre os participantes tres premios de 200 euros en vales de compra no comercio de Alfoz. Tamén haberá premio para o mellor bar entre os sete establecementos participantes.
 
Os locais nos que poderán degustarse as tapas son Restaurante A Naranxa, Bodegón Ponte de Pau, Restaurante O Frenazo, Parrillada Bar San Pedro, O Bar de Elvira, Casa Pereiras e Bar Rodolfo.