Esta fin de semana celébranse as festas en honor a San Isidro na parroquia de Penasagudas-Monte no concello de Xove, organizadas pola Asociación Cruz de Loureiro.
O sábado, día 16, haberá despois da misa solemne e a procesión que será ás 13:00 horas, unha sesión vermú con Lembranza a partir das 14:00 horas. Ás 15:00 horas un xantar nunha carpa totalmente pechada no que para inscribirse previamente hai que chamar ao teléfono 646-647 619. A xornada remata coa verbena ás 17:00 horas que ofrecerán Lembranza e Fénix e para a que a Comisión ten preparados tres trofeos para as tres mellores parellas de baile.
O domingo, día 17, haberá ás 10:00 horas unha ruta de sendeirismo desde Penasagudas á Cruz do Pao da Vella, a pé ou a cabalo, organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na ruta e o posterior xantar hai que chamar ao teléfono 982-16 93 49. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú con Lembranza e ás 17:00 horas verbena tamén con Lembranza. A Comisión de Festas dispón dunha carpa na que realizarán os bailes os dous días de festa.