Nordés, a asociación polo desenvolvementos das Terras da Faladora sigue incorporando novos contidos ás súas actividades. Nesta ocasión levará adiante unhas xornadas adicadas a un dos productos polos que Galiza ten sona: a pataca, centrándose nun dos meirandes problemas que sofre este tubérculo: a praga da couza, e dende a perspectiva dos labregos do século XXI, aqueles que están comprometidos coa agricultura ecolóxico sin esquecer a tradición.
As xornadas terán dous actos diferenciados, sendo o primeiro o venres, 29 de xaneiro, no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, e consistirá nunha charla informativa na que compartirán micrófono os labregos Henrique Puentes e Quique Fojón coa técnica da Oficina Agraria Comarcal de Viveiro Remedios Soto. Será ás 19:30 horas.
O sábado facerase unha visita ás 11 da mañá ós labradíos de Quique Fojón, en Couzadoiro, aconsellándose levar calzado e roupa axeitada para coñecer "in situ" de cómo se traballa a terra de xeito ecolóxico, sin pesticidas nin abonos químicos que contaminan e teñen un efecto letal para especies que non son nocivas para os cultivos.
A entrada á charla e libre. Quenes non poidan ir á charla pero si quixeran asistir á visita poden chamar ó 653756454 (Ricardo).