A programación de Nadal do Concello de Xove desenvolverase do 12 de decembro ao 5 de xaneiro.

A programación de Nadal do Concello de Xove desenvolverase do 12 de decembro ao 5 de xaneiro.
 
O programa de Nadal, do Concello de Xove, que foi presentado polo alcalde e polas concelleiras de Cultura e Turismo inclúe infinidade de actividades desde o 12 de decembro ata o 6 de xaneiro. 
Haberá obradoiros, visitas de Papá Noel polas parroquias, a inauguración do belén municipal o 19 de decembro no parque de Xove, a presentación do vídeo promocional do Concello “Xove emociona”. A programación tamén ofrece cine, música, teatro, espectáculos para os máis pequenos, o V Concurso de Karaoke previsto para o día 26, a celebración do Día do Neno o 4 de xaneiro e a Cabalgata de Reis do día 5.
O Concello ten en marcha as campañas solidarias “Un xoguete, un sorriso”, que recollerá xoguetes na Omix ata o 14 de decembro e “Tapóns para unha nova vida”, mediante a que se recollen na Omix tapóns de plástico de calquera envase para colaborar coa Fundación Seur a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.