A peña barcelonista San Miguel celebrará a súa tradicional churrascada de inicio de tempada o 5 de setembro. Será no campo de fútbol das Valgas.

A peña barcelonista San Miguel celebrará a súa tradicional churrascada de inicio de tempada o 5 de setembro. Será no campo de fútbol das Valgas.
 
Este sábado, 5 de setembro, a peña barcelonista San Miguel celebra a xa tradicional churrascada de comezo de temporada. Como en pasados anos será no campo de fútbol das Valgas, en San Miguel de Reinante. O menú consistirá en entrantes, churrasco, criollos, tortilla, postre, café e licores. O prezo para non socios será de 15 € e 6 € para nenos ata 13 anos. O prazo para apuntarse remata o 2 de setembro. Os interesados poderán contactar no tfno. 649 57 13 60.
 
Os socios da peña decidirán ese día os desprazamentos para ir ve-lo Barça esta temporada. Barcelona, Xetafe e San Sebastián soan con forza, ademáis dos máis próximo Vigo, Coruña e Xixón. 
Informar tamén que a peña ten aberto o prazo de alta de socios, con unha cota anual de 36 €. Os interesados en recibir máis información podense dirixir ó correo pbsanmiguel@yahoo.es ou ben ó tfno. 649 57 13 60.
Os socios da peña veñense xuntando habitualmente no Restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia, para ver por TV os partidos do Barça e convidan a todo-los afeccionados culés a participar con eles os días de partido.