Coa convocatoria do 19º Concurso Fotográfico Festa da Faba comezan as actividades previas ao festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro.

Coa convocatoria do 19º Concurso Fotográfico Festa da Faba comezan as actividades previas ao festexo, que se celebrará do 2 ao 4 de outubro.
 
O Concello de Lourenzá convocou a 19ª edición do concurso fotográfico Festa da Faba. Deste xeito comezan as actividades previas ao festexo, que se celebrará os días 2,3 e 4 de outubro.
O certame de fotografía ten un tema libre, coa única condición de ser imaxes representativas e recoñecibles da zona de produción da Faba de Lourenzá. O premio para a mellor serie de fotos é de 500 euros. Cada concursante poderá presentar un máximo de 6 imaxes e un mínimo de 4. O prazo de presentación remata o día 21 de setembro. As bases poden consultarse na páxina web do Concello: www.concellodelourenza.es.
O certame foi presentado hoxe pola alcaldesa, Rocío López, e os concelleiros de Festexos e de Cultura, Francisco Dasilva e Manuel Arango, respectivamente.