A asociación Os Sendeiros de Foz organiza para o vindeiro sábado, 8 de agosto, unha ruta pola serra do Buio, un percorrido no que ademais poderán contemplarse excelentes vistas do val de Rúa, San Cibrao, Cordido, Cangas e toda a costa ata Tapia de Casariego, así como o interior de Mondoñedo. Na cita colabora o Concello de Foz.
A saída da ruta é ás 9 da mañá e o punto de encontro está fixado na Casa do Concello. A actividade, de dificultade media, é gratuíta, incluído o autobús, e os organizadores recomendan levar un equipo de sendeirismo, auga e algo para picar durante o camiño. O roteiro forma parte do ciclo Sábados de Verán que organiza a asociación Os Sendeiros. Os que desexen participar poden informarse e anotarse no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es ou nos teléfonos 670369017 e 696236020.
A próxima proposta de Os Sendeiros será unha ruta nocturna o 14 de agosto.