
Acia Foz-CCA sortea 500 euros en vales de compra na campaña do día do pai, que se desenvolverán do 10 ao 19 de marzo.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, explicou que “aquelas persoas que fagan as súas compras por importes superiores a 10 euros nos comercios do CCA recibirán papeletas para participar no sorteo de 500 euros en vales de compra, que realizaremos o 24 de marzo en Radio Foz. En xogo poñeremos 5 premios de 100 euros cada un deles”.
Paleo sinalou que “deste xeito queremos contribuír á fidelización da nosa clientela tamén na campaña do día do pai. No comercio de Foz van poder atopar todo o que precisan para agasallar aos papás e tamén aos Pepes e ás Pepitas”. E engadiu: “e despois toca celebralo, como se merece, na hostalería local, en familia e cos amigos”.
Acia Foz-CCA organiza esta campaña coa colaboración de Xunta de Galicia e do Concello de Foz.