A Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo), acolle o Entroido Fest este venres, 28 de febreiro

O Concello de Cervo anuncia que o alumnado de II BACH do IES Marqués de Sargadelos en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil organiza o Entroido Fest este venres, 28 de febreiro, na Praza dos Campos, de San Ciprián, a partir das 19:00 horas.

Haberá música, bingo, sobremesas, pintacaras, palomitas, chocolate e moitas sorpresas.