O Concello de Cervo organiza o campionato de tute e parchís polo Día da Muller. O prazo para apuntarse está aberto ata o 31 de xaneiro

O Concello de Cervo programa unha nova edición do campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller. As interesadas en participar poden anotarse desde este mércores e ata o día 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou no teléfono 982.59.51.57.

As partidas xogaranse na cafetería da Casa do Mar e a entrega de premios será na cea con motivo do Día da Muller.