Sampaio, na Pontenova, celebra as festas de San Paulo os días 24 e 25 de xaneiro

A localidade de Sampaio, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas de San Paulo os días 24 e 25 de xaneiro, venres e sábado.

As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas con churrascada amenizada por DJ Bombardero, na antiga escola de Sampaio.

E o sábado haberá misa ás 13:30 horas e despois terá lugar a sesión vermú, amenizada pola cantante Verónica Cambón, que tamén actuará na verbena, desde as 22:30 horas.