Os Reis Magos visitan o concello de Mondoñedo este domingo, 5 de xaneiro, desde as 09:30 horas

O Concello mindoniense anuncia: “achéganse os Reis Magos a Mondoñedo, o vindeiro domingo, 5 de xaneiro. Xa podedes consultar os horarios de paso das súas Maxestades polas parroquias”. Comezarán o percorrido ás 09:30 horas en Pelourín e Cesuras para continuar por Estelo e Tronceda, Figueiras, ponte de Viloalle, Couboeira, Oirán, Masma, Vilamor, O Carme, Lindín, Santa María Maior, Argomoso, San Vicente e Sasdónigas, a onde está previsto que cheguen as 14:45 horas.

O Concello de Mondoñedo engade que “á tarde visitarán a Residencia San Rafael e o Hospital de San Pablo. Ás 19 horas os Reis Magos recibirán con agasallos a todas as nenas e nenos no auditorio municipal. E, para rematar, a AC Pasatempo ofrece unha chocolatada na entrada do auditorio”.