Cervo acolle o 21 de decembro o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-Jitsu

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado, 21 de decembro, o XV Campionato de Nadal de Nihon Tai-jitsu.

O evento foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro, Adrián Arias, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo.

Estímase que medio cento de competidores de toda Galicia acudirán ao Pavillón do CEIP Península da Paz para disputar a competición, desde a categoría alevín ata a sénior na madoralidade de kata individual.

Desde o Concello convidan aos veciños e visitantes a desfrutar desta actividade que se enmarca na programación de Nadal do municipio e que busca promover a importancia da actividade física e a competición deportiva.